QUEN SON?

Blog Raquel blanco

Diplomada en Traballo Social con experiencia e formación en Animación Sociocultural e Xénero.

Comecei na Asociación Veciñal de Teis impartindo clases de Estimulación Cognitiva, Dinámica de Grupos e organización de saídas culturais con persoas maiores de 65 anos.

Dende o 2006 até a actualidade, impartín obradoiros de:

  • Concienciación e sensibilización de Xénero” en institutos de Educación Secundaria coa ONGD “Solidariedade Internacional de Galicia” na provincia de Ourense.
  • Autoestima” na Asociación de Mulleres Lesbianas e Bisexuais “Nós Mesmas” en Vigo.
  • Estimulación Cognitiva” na Asociación Cultural “Quiñones de León”  (Vigo).
  • Estimulación Cognitiva” na Asociación Veciñal “Fonte do Galo” (Vigo).
  • Educación en Valores” no módulo de mulleres do Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra) coa Cruz Vermella.
  • Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres”  nun curso do plan FIP no Centro Cultural e Recreativo de Valadares (Vigo).
  • Habilidades Sociais” para persoas con diversidade funcional a través da Asociación de Discapacitados do Baixo Miño “Vontade” (Tui).
  • “Preparación para a obtención do título da E.S.O.” a persoas adultas con discapacidade física a través da Asociación de Discapacitados do Baixo Miño “Vontade” (Tui).
  • O coidado da coidadora” para mulleres con cargas familiares en Radio Ecca (Vigo).
  • Libro de recordos: recuperando a identidade das mulleres” a través da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
  • Vivenciar a menopausia de xeito positivo” na Asociación Val do Fragoso a través de Aula Sísifo Formación, S.L.
  • Monitor/a de Tempo Libre a través de ACTEX Formación S.L.
  • Charlas sobre prevención da violencia sexual en menores e adolescentes dentro do programa Irene do Instituto da Muller en institutos de Educación Secundaria e asociacións de mulleres de Redondela (Pontevedra).
  • Estimulación Cognitiva” a través da empresa Áurea Xestión Cultural, S.L. en diferentes asociacións veciñais e de mulleres de Vigo.
  • Distintos obradoiros de avellentamento activo (Vivir en Positivo, Vivir como yo quiero, Alimenta tu bienestar, Entrena) a través da Obra Social de La Caixa en diferentes centros socioculturais dependentes da Xunta de Galicia na cidade de Vigo.

Cos máis cativ@s traballei coordinando as actividades do Campamento Urbán organizado pola Asociación Veciñal de Teis, así como os obradoiros de Nadal, Entroido, etc. para nen@s con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

En canto ao colectivo de mulleres, comecei traballando coa “Coordenadora Nacional Galega Marcha Mundial das Mulleres“, organizando actividades de sensibilización e concienciación de xénero (charlas, videofórums, actos polo 25 de Novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero” e o 8 de Marzo “Día Internacional das Mulleres”, etc.) na Casa das Mulleres  dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

As actividades de Formación Sociocultural que ofrezo, abarcan dende obradoiros puntuais até cursos máis extensos para adultos (fundamentalmente indicadas ás mulleres) e o colectivo de maiores.

cos pés na terra

autoestima vigo

formación sociocultural vigo

memoria vigo, xénero vigo, clases particulares vigo, formación adultos, maiores, cativos, dinámicas de grupo